OS 10 DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS MÁIS IMPORTANTES DESTE SÉCULO
No que levamos de século XXI, a ciencia xa nos deixou inmumerables achados. Son tantos, que se poderían facer infinidade de listas. Eiquí propoñemos unha cos descubrimentos máis destacados.
1- O BOSÓN DE HIGGS
É unha partícula elemental proposta no Modelo estándar de física de partículas. Recibe o seu nome en honor a Peter Higgs, quen en 1964, xunto con outros, propuxo o chamado mecanismo de Higgs para explicar a orixe da masa das partículas elementais.
A existencia da coñecida como partícula de Deus foi confirmada o pasado 4 de xullo de 2012 pola Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN).
Da existencia do bosón depende, entre outras cousas, que a teoría actual que explica o Universo visible sexa correcta.
O 8 de Outubro de 2013 concedéronlle a Peter Higgs, xunto a François Englert o Premio Nobel de Física por este descubrimento.
2- O XENOMA HUMANO, DESCIFRADO

O xenoma humano é a secuencia de ADN dun ser humano.
Un grupo de científicos que traballaban no Proxecto Xenoma Humano, descifraron a secuencia completa do xenoma humano. Este Proxecto iniciouse no ano 1990, tivo como propósito descifrar o código xenético contido nos 23 pares de cromosomas, na súa totalidade. No 2005 deuse por finalizado este estudo chegando a secuenciarse 28000 xens.
Coñecer a secuencia completa ten moita relevancia en canto ós estudos da biomedicina e xenética clínica, desenrolando o coñecemento de enfermidades pouco estudiadas, novas mediciñas e diagnósticos máis fiables e rápidos.
3- REPROGRAMACIÓN CELULAR.
As células nai poden ser modificadas de modo que adquiran novas propiedades e posteriormente ser introducidas en pacientes, para, por exemplo, revertir unha patoloxía. A rexeneración de órganos por medio de estratexias de reprogramación celular é unha das aplicacións potenciais en biomedicina.
O xaponés Shinya Yamanaka, recibiu no 2012, xunto co científico británico John B. Gurdon, o Nobel de Medicina polas súas investigacións pioneiras en clonación e células nai.
4- O "ADN" BASURA" É UTIL

Investigacións do proxecto ENCODE ( a investigación de maior envergadura no campo da xenómica), descubriu no 2012 que o chamado ADN basura é información útil e importante, é en realidade, un gran panel de control con millóns de interruptores que regulan a actividade dos nosos xens e sen os cales os xens non funcionarían e aparecerían enfermidades.
5- ATOPADO O HOMÍNIDO MÁIS ANTIGO
É unha femia, pesa arredor de 50 kg e mide uns 120 cms de altura, atopado en Etiopía no 1992.
Chámase Ardi, nome dado ó esqueleto pertencente a especie Ardipithecus ramidus, probablemente un homínino (primate bípedo), que está considerado o máis primitivo homínino coñecido ata a fecha e que viviu no Plioceno, fai uns 4,4 millóns de anos.
6- A EXISTENCIA DE AUGA EN MARTE.

No 2008 a NASA confirmaba a existencia de auga no planeta Marte. A sonda Phoenix, atopaba xeo no Polo Norte marciano.
7- ATOPAN PLANETAS SIMILARES Á TERRA.
A sonda espacial Keppler observa simultáneamente unhas 150.000 estrelas e analiza o seu brillo cada 30 minutos para detectar posibles tránsitos de planetas. Na Vía Láctea existen uns 17.000 millóns de planetas parecidos á Terra. Esto quere dicir que unha de cada seis estrelas do tamaño no noso Sol ten un planeta similar ó noso orbitando en torno a ela. A maioría están nembargantes, demasiado próximos o seu sol polo que son demasiado quentes para ter vida.
8- DESCUBRIMENTO DO GRAFENO.

É unha sustancia formada por carbono puro, o material máis delgado e resistente do mundo, transparente, flexible, resistente, conductor da electricidade.
Dous científicos rusos recibían o Premio Nobel de Física 2010 polos seus revolucionarios descubrimentos acerca deste material, con implicacións en áreas que van desde a física cuántica ata a electrónica de consumo.
9- DEMOSTRACIÓN DA CONXETURA DE POINCARÉ
Poincaré plantexou unha cuestión central da topoloxía: o estudo das propiedades xeométricas dos obxetos que non se modifican ó ser estirados, dobrados ou comprimidos. O matemático francés propuxo unha conxetura e o ruso Perelman deulle a categoría de teorema encontrándolle a solución.
10- A NANOTECNOLOXÍA.

É a tecnoloxía dos materiais e as estructuras na que a orde de magnitude se mide en nanómetros, con aplicación á física, a química e a bioloxía.
No campo de medicina as posibilidades son infinitas. En medicina rexenerativa, por exemplo , a idea é conseguir liberar células ou pequenos tecidos en órganos enfermos para que poidan ser reparados.
Os científicos foron capaces de desenrolar compoñentes de computación de tamaño molecular, de millonésimas de milímetro.