Powered By Blogger

sábado, 29 de marzo de 2014



O PRIMEIRO CROMOSOMA SINTÉTICO

   Un equipo internacional de científicos creou  un cromosoma de levadura modificada completamente artificial, o que supón a primeira vez que se logra producir  ADN sintético nunha célula complexa como a que teñen as plantas, os animais e o ser humano, un avance de gran trascendencia que podería conducir a novas cepas do organismo para axudar a producir productos químicos industriais, medicamentos e biocombustibles.
  "É o cromosoma máis profundamente alterado que se construiu nunca", declarou Jef D. Boeke, investigador do Centro Médico Langone da Universidade de Nueva York e director do proxecto.
  A gran novidade é que mentras outros traballos sintetizaron bacterias, ADN viral, o de Boeke é o primeiro que da conta dun cromosoma sintético nunha eucariota, é dicir, un organismo máis complexo con células que conteñen un núcleo, como as células do ser humano.



   É o fruto de sete anos de traballo que implicaron o deseño asistido por ordenador para fabricar un dos 16 cromosomas que posee a levadura de cerveza, coñecida científicamente como Saccharomyces cerevisiae, que se utiliza tamén na elaboración do pan ou o viño.



   O avance é un exercicio experimental. As posibilidades son infinitas. Abre a porta ao desenrolo de microorganismos "á carta" que poderían ser útiles en numerosos campos.
  Para mellorar a potencia dalgunhas substancias, en Medicina para a creación de novos fármacos máis eficaces, na fabricación de biocombustibles ou a restauración de zonas danadas por graves vertidos de petróleo. O "avance técnico" deste descubrimento é que permitirá no futuro correxir desde deficiencias xenéticas a producir novas variedades de antibióticos ou modificar proteínas que acaben co problema dos celíacos, engade Bernardo Schvartzman, profesor do Centro de Investigacións Biolóxicas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).


  
  O interese máis inmediato será a Biotecnoloxía, "poderanse producir, por exemplo, organismos que degraden compostos máis rápidamente que a Natureza (vertidos de hidrocarburos, productos de minería...), moléculas de síntese complexa usadas en terapéutica ou novas variedades de antibióticos que acaben co problema da resistencia aos microorganismos".
  Precisamente nese "Lego" que fabricaron e onde se poden quitar ou poñer pezas a conveniencia, pódense incluir elementos para un mal uso, como o "bioterrorismo". Por iso, moitos expertos urxen unha regulación sobre o tema.
  Os editores da revista Science no chegan a calificar este avance de hito científico, pero sí se atreven a dicir que o conseguido por este grupo científico formado por varias universidades estadounidenses e europeas é como ascender "o monte Everest da bioloxía sintética".


miércoles, 26 de marzo de 2014

DETECTADAS AS 
ONDAS GRAVITACIONAIS PRIMORDIAIS

  As "ondas gravitacionais primordiais" que se xeraron tras a creación do Universo co Big Bang foron detectadas por primeira vez. É a confirmación máis importante das teorías da inflación cósmica, que explica que, en certo momento, o cosmos se expandía multiplicando o seu tamaño por 100 billóns de billóns de veces en menos dun abrir e pechar de ollos. 
  É dicir, trátase da proba do estalido cósmico inicial do Big Bang. Un descubrimento digno de recibir un Premio Nobel, según os expertos, e que foi anunciado polo Centro Harvard-Smithsonian para a Astrofísica de Massachusetts (EEUU) e publicado en Nature. 

  
  O Universo actual xurdiu tras un evento coñecido como o Big Bang, que tivo lugar fai 13.800 millóns de anos. Momentos máis tarde o propio espacio comezou a expandirse de maneira exponencial nun episodio coñecido como inflación. Os signos reveladores deste capítulo na historia temperá do Universo están impresos no ceo, nun resplandor "reliquia" chamado o fondo cósmico de microondas. 
  O equipo dirixido por John Kovac logrou percibir por primeira vez mediante o telescopio BICEP2 instalado no Polo Sur, nun pequeno retazo de ceo, esas ondas gravitacionais. 
  O achado destas pequenas ondulacións de enerxía, que serían imperceptibles para o ollo humano, demostraría a teoría do período inflacionario forxada en 1980 polo físico teórico Alan Guth, do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. 

  
 As ondas gravitatorias, predecidas por Albert Einstein coa teoría da relatividade para explicar a gravidade, pero de cuxa existencia non se tiñan probas, foron descubertas polo telescopio BICEP, este telescopio estudia a radiación cósmica de fondo (CMB), os ecos que aínda nos chegan do Big Bang e que os astrónomos creen que oculta unha "segunda marca", que revelaría a existencia de esas ondas gravitatorias.


  Según Nature, o BICEP2 capturou unha instantánea destas minúsculas ondulacións no tecido do espacio-tempo producidas polo Big Bang na CMB, durante a súa propagación polo Universo fai 380.000 anos. 
  O feito de que o periodo inflacionario, un fenómeno cuántico, producira ondas gravitatorias " demostra que a gravidade ten unha natureza cuántica ao igual que outras forzas fundamentais coñecidas da natureza" sinala a publicación.
  Cosmólogos, físicos e astrofísicos celebraron esta detección, ata o punto de que algúns deles o consideran o "descubrimento do século XXI". É o máximo acercamento nunca realizado en tempo cero, cando o Cosmos tiña o tamaño dunha pelota de tenis. Pero as implicacións deste achado non quedan aí, algúns teóricos creen que pode ser a porta ao multiverso, é dicir, a posibilidade de que o noso Universo non sexa o único que existe.


O BIG BANG

   Un sacerdote católico e astrónomo, o belga George Lamaître, foi o primeiro que hipotetizou en 1927  coa posibilidade de que o universo estaba comprimido nun pequeno punto, o "átomo primordial", que nun momento dado expandiuse e deu lugar a todo o que coñecemos agora, incluido o espazo e tempo. 

  
 Un par de anos despois, o astrónomo estadounidense Edwin Hubble descubriu que as galaxias se alonxaban de nós a gran velocidade. Tamén observou que canto máis lonxe están de nós máis rápido se alonxan. Tras analizar os datos concluiu que o universo se expande de maneira uniforme. Esto significa que nalgún instante do pasado todas as galaxias do universo estaban amontoadas no mesmo lugar ao mesmo tempo.
  Un par de décadas máis tarde, en 1948, o físico ruso George Gamow, quen fixo, xunto aos seus colaboradores estadounidenses Ralph Alpher e Robert Herman, os desenrolos matemáticos pertinentes para dar forma de teoría científica a esta idea. 
  O modelo de Gamow empezaba unha fracción de segundo despois do Big Bang. Segundo os seus cálculos nese momento o universo tería unha temperatura de 10 billóns de grados e era unha sopa primixenia , denominouna hílem, término que xa usaban os filósofos da antiga Grecia. Estaría composta por fotóns, neutróns, protóns e electróns libres bañados por unha potente radiación electromagnética. 
  Segundo os cálculos do equipo, a primeira luz xurdiu cando a temperatura diminuiu, circunstancia que permitiu aos fotóns, viaxar. Esto sucedeu cando o universo era xa un bebé e tiña pouco máis de 380.000 anos de idade. Calcularon que a temperatura do universo entonces sería de 270 grados Celsius baixo cero o que corresponde a unha radiación de moi baixa enerxía, no rango das microondas. 

  
  Gamow acertou en case todo, pero non na formación dos elementos químicos. Este físico cría que os elementos químicos se formaron durante os primeiros minutos de vida do universo. Equivocouse. O seu colaborador Alpher calculou que a etapa de síntese de elementos durou pouco máis de 20 minutos e que o 99% dos elementos que se formaron eran helio e hidróxeno. O resto eran trazas de litio e berilio.
  O resto dos elementos químicos formáronse millóns de anos despois no interior das estrelas. Esto descubriuno o astrofísico Fred Hoyle, amigo de Gamow pero á vez un dos maiores inimigos da súa teoría do Big Bang, que a súa vez, paradoxicamente acuñou o nome sen pretendelo. Parecíalle ridícula, e en certa ocasión describiuna con desprezo usando as palabras "Big Bang". Tanto gancho tivo a descalificación que se converteu no nome oficial. 


miércoles, 19 de marzo de 2014

UNHA CÉLULA FOTOVOLTAICA QUE TRANSFORMA A RADIACIÓN EN ELECTRICIDADE

   Un equipo de investigadores liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) creou unha célula fotovoltaica de silicio capaz de transformar en electricidade a radiación infravermella. O traballo aparece publicado esta semana na revista Nature Communications. 
  O Sol é unha fonte inagotable de enerxía que podería solucionar moitos dos problemas enerxéticos actuais. 

  O dispositivo capaz de realizar a conversión de luz solar en electricidade é a célula fotovoltaica, comunmente coñecida como célula solar. Nembargantes, existen diversos obstáculos que impiden unha maior xeneralización do seu uso, entre eles un coste relativamente alto (do orde de 20 céntimos de euro por vatio producido) e unha eficiencia baixa, por debaixo do 17%. É dicir, de cada vatio que recibimos do sol, só aproveitamos unha pequena parte, según informa o CSIC nun comunicado.
  O motivo da baixa eficiencia das células fotovoltaicas radica en que os materiais básicos para a súa fabricación, como o silicio, só poden absorver e aproveitar unha pequena parte do espectro solar. O resto da radiación solar, que corresponde á zona infravermella, non é aproveitada e pérdese. 
  Despois de tres anos de traballo, desenrolaron un novo concepto de célula solar de silicio capaz tamén de captar e transformar en electricidade a radiación infravermella do Sol. 
 

  Crearon células fotovoltaicas sobre microcavidades esféricas de silicio onde a luz infravermella queda atrapada e da voltas no seu interior ata que é transformada en electricidade. 
  Neste traballo no que tamén participaron outros grupos do CSIC, a Universitat Politécnica de Valencia, a Universitat politéctina de Cataluña e a Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, supón un novo enfoque científico para poder desenrolar no futuro células fotovoltaicas de alto rendemento.




UNHA ESPECIE VIOLENTA POR NATUREZA

   "Somos unha especie violenta por natureza. Por dúas razóns, porque somos agresivos e porque somos creativos. Sen imaxinación non seríamos violentos", contesta David Bueno, doctor en Bioloxía que exerce como profesor e investigador de xenética na Universidade de Barcelona e que xunto a outros cinco expertos acaban de publicar un ensaio sobre este tema.

    
  "A agresividade é algo que compartimos co resto dos animais. É unha emoción, como o amor ou o medo. Non é boa nen mala. Non ten connotacións morais ou éticas, simplemente é parte do instinto de supervivencia. A violencia é outra cousa. É unha agresividade consciente. É un facer dano querendo facelo. E para iso fai falta imaxinación, creatividade. O ser creativo é capaz de relacionar dúas cousas que non teñen relación natural. O seu desexo de impoñerse coa forma de conseguilo, por exemplo. O home sabe que sendo agresivo pode conseguir algo", asegura Bueno, experto na xenética do desenrolo e neurociencia, e na súa relación co comportamento humano. 

          
  
   "Posto que non é posible deixar de ser violentos, o que temos que facer é canalizar esa violencia para diminuir o seu impacto" di. ¿E cómo pode canalizarse? "Coa educación e a empatía" responde. 
  Numerosos son os exemplos de ferramentas que poden canalizar esa violencia innata que aporta o ensaio.   Según Bueno, "os videoxogos só poden volverte violento se te convertes nun adicto a eles e nese senso a violencia que xera é idéntica á que xera calquera outro tipo de adicción". Eso si, poden servir para canalizala. "Da mesma maneira ca un partido de fútbol", engade. "Demostrouse que os xogadores do equipo gañador teñen unha descarga de  hormonas idéntica á que se produce no que gaña unha batalla física. E o mesmo ocorre cos seguidores do equipo gañador", explica. 

É o que se chama "un combate ritualizado", que serve para xestionar esa violencia imposible de erradicar. Bueno pronuncia unha e outra vez esa palabra: "xestionar". "É a clave", di. E a continuación di que o grado de agresividade é distinto en cada un de nós e incluso en cada momento. "O estrés vólvenos máis agresivos, porque fai que se reduza o nivel de eficiencia da corteza cerebral e eso impídenos levar a cabo procesos cognitivos máis complexos, como é a toma de decisións, e lévanos a actuar sen pensar", expón. 
  Pero o factor determinante do nivel de agresividade dunha persoa é a cantidade de testosterona coa que naceu. "A testosterona masculiniza o cerebro nos primeiros tres meses de xestación e o ambiente no que crecemos pode masculinizalo aínda máis ou todo o contrario", di Bueno. 
  A testosterona é unha hormona que impulsa a dominar. As mulleres tamén a teñen, pero o seu nivel é menor, de aí que "o 90% da violencia no mundo exércena os homes". De feito, o máis probable é que as mulleres que chegan a posicións de poder teñan un nivel de testosterona maior.