Powered By Blogger

lunes, 30 de diciembre de 2013

VIAXE E ESTANCIA EN MARTE, IGUAL A 50.000 RADIOGRAFÍAS

   Os seres humanos que viaxen a Marte no futuro terán que enfrentarse a múltiples impedimentos, pero un dos máis perigosos será a radiación que recibirán durante a viaxe de ida e a súa estancia no Planeta roxo, que podería aumentar seriamente as súas posibilidades de sufrir cáncer. A radiación en Marte é moito máis dura ca na Terra porque non existe un campo magnético global e a súa atmósfera é moito máis delgada ca nosa, o que proporciona unha escasa protección ante os raios cósmicos e as partículas solares. 

                  

  O rover Curiosity da NASA mediu eses niveis de radiación no cráter Gale, onde se atopa dende a súa aterrizaxe, desde agosto de 2012 ata xuño de 2013, e mostra unha tasa de radiación diaria de 0,67 milisievert (mSv) en ausencia de tormentas solares nin eyeccións de masa coronal. Si un astronauta pasara nesa zona e nas mesmas condicións 500 días, recibiría unha dosis de radiación equivalente a facerse 15.000 radiografías (unha radiografía de tórax, a máis suave, equivale a 0,02 mSv). 
  Pero esto non acaba eiquí. Como é lóxico, a esta dosis habería que sumar a da viaxe de ida de 180 días e outro de volta de outros 180 días, traxectos nos que a exposición sería considerablemente pior, xa que suporía recibir como promedio 1,8 mSv ó día procedentes da radiación ambiental do espacio interplanetario coa única protección da nave espacial.. E, de novo, tendo en conta unha actividade solar similar e cos sistemas de propulsión actuais. Nos desprazamentos, o sufrido astronauta acumularía 0,66 Sievert (Sv) e en total, tendo en conta a misión completa, volvería a casa con 1 Sv no seu corpo, como si se houbera feito unhas 50.000 radiografías.

 
































  Estudos de poboación a largo plazo demostraron que a exposición á radiación aumenta o risco de cáncer no curso da vida dunha persoa. A exposición a unha dosis de 1 Sv asóciase náuseas, pérdida de apetito, pérdida de médula ósea, danos nos ganglios linfáticos, etc... Todo esto supón un aumento do 5% no risco de padecer un cáncer mortal.



UNHA RETINA BIÓNICA RESTABLECERÁ A VISTA ÓS CEGOS
  A recuperación da vista nos cegos foi sempre un argumento de ciencia ficción, pero unha compañía israelí estao convertindo en realidade para pacientes que padecen cegueira polo deterioro da retina.
Trátase dun dispositivo do tamaño dun gran de arroz, que emula a función da retina capturando as sinais visuais como unha cámara, para logo convertilas en sinais eléctricas que estimulan as neuronas para crear as imaxes no cerebro.
O chip foi probado con éxito en porcos e a compañía Nano-Retina, con sede na cidade israelí de Herzliya, prevé que contará cun prototipo humano da súa denominada "Bio-Retina" dentro de dous anos.
O dispositivo implántase na parte posterior do ollo nunha intervención relativamente sinxela, similar a unha de cataratas que dura uns 30 minutos e só require anestesia local.
                                   
A visión que obterá o paciente permitiralle ver a televisión e identificar rostros gracias a unha resolución de 600 pixels (o modelo máis sofisticado), pois os creadores estudiaron que 260 pixels é o mínimo para ter un nivel de visión aceptable.
Non obstante, ésta será en blanco e negro, e ós que se lles implante o dispositivo non poderán conducir ou ler letras que non sexan de grandes dimensións.
Ademáis da facilidade para introducir o artiluxio no ollo, este non dispón de batería polo que a súa implantación será definitiva, e a súa única fonte de enerxía procede dunhas gafas de sol especialmente diseñadas que transmiten de forma inalámbrica un láser directamente ó chip e poden recargarse polas noites.
A Bio-Retina actúa asimismo de maneira armoniosa cos movementos naturais do ollo, incluidos os do globo ocular ou a dilatación das pupilas, o que facilitará ó paciente mirar de lado a lado sen necesidade de ter que xirar a cabeza.
                           
De momento, o revolucionario invento resolverá a vida a pacientes con retinosis pigmentaria e dexeneración macular asociada á idade (AMD, polas súas siglas en inglés), trastornos comúns a partir dos 60 anos.
Pero os responsables da retina biónica prevén que no futuro se abrirá o terreo ó tratamento de enfermedades como a retinopatía diabética, ou aquelas nas que o foto-receptor se atrofia e non pode funcionar outra vez debido a que non hai células que poidan traducir a luz que chega á retina nunha visión útil.
O dispositivo non serve para aqueless que naceron cegos ou sofren doencias non relacionadas con lesións retinais.
Para sacar adiante este sofisticado producto a empresa israelí colabora con equipos científicos e industrias en todo o mundo, co fin de estudiar a mellor solución a determinados problemas.


jueves, 26 de diciembre de 2013

NON É MAXIA, É CIENCIA
  Moitos dos trucos utilizados polos ilusionistas básanse nas propiedades sorprendentes de certos materiais. O  nitinol, por exemplo, é unha aleación de níquel e titanio que ten unha curiosa propiedade coñecida como memoria de forma. Cando este material sufre unha deformación, pode recuperar a súa forma inicial despois de quentalo un pouco. Esto, ademáis das múltiples aplicacións prácticas que pode ter (en medicina, odontoloxía, válvulas termostáticas), permite facer experimentos espectaculares.
Masilla magnética. | EM
  Outro material con propiedades fascinantes é o galio, un metal que non existe libre na natureza, senón que se crea artificialmente e que ten un punto de fusión baixo, duns 30 ºC. Por iso é fácil facelo pasar de estado sólido a líquido manteñendoo na man. Ademáis, trátase dun metal con moi baixa toxicidade, a diferencia do mercurio, razón pola que se usa nos termómetros.
 Un terceiro material 'máxico' é o que se coñece como masilla magnética. Aínda que se puede comprar, Michael Saurus, inventor de multitude de obxetos curiosos, explica cómo fabricar unha versión casera a partir de plastilina e polvo de óxido de ferro.
 O experimento con esta masilla consiste en expoñela a un pequeno imán, de forma que se verá atraída cara el e creará a ilusión de que a sustancia engulle a pequena peza magnética. Existen na redeespectaculares vídeos con timelapse nos que se aprecia este efecto.

UN ESTUDIO DESAFÍA A DARWIN
  Un novo estudio, que se publica este domingo en «Nature», mostra que as especies que viven xuntas non están obrigadas a evolucionar de maneira diferente para evitar competir entre sí, desafiando unha teoría que se mantivo desde «A orixe das especies» de Darwin.
                      
Os seus autores revelan que a competencia parece non ser o principal motor de diferenciación entre especies, senón que as especificidades parecen evolucionar cando os animais conviven ailladamente.
Centrándose nos horneros ('Furnarius'), unha das familias de aves máis diversa no mundo, o equipo dirixido pola Universidade de Oxford, no Reino Unido, levou a cabo a análise máis profunda realizada polo momento dos procesos que provocan as diferencias de evolución entre especies.
Estos expertos atoparon que aínda que as especies de aves que se dan xuntas foron consistentemente máis diferentes das especies que viven separadas, esto foi simplemente un artificio para o momento no que se atopan.
De feito, unha vez que se contabilizou a variación na idade das especies, as que coexisten en realidade son máis similares que as especies que evolucionan por separado, frente á visión de Darwin que segue sendo ampliamente aplaudida hoxe.
O estudio comparou picos, patas e cantos de máis do 90 por cento das especies de hornero. Para facer frente ó enorme reto de secuenciar os xens e tomar medidas, científicos da Universidade de Oxford uníronse a colegas da Universidade de Lund (Suecia) e as universidades estadounidenses de Louisiana e Tulane (Nueva Orleans) e o Museo Americano de Historia Natural (Nueva York).
Aínda que as especies que viven xuntas teñen picos e patas que no son máis diferentes que os das especies que viven separadas, o descubrimento máis sorprendente foi que as súas cancións eran máis similares. Esto desafía algunhas ideas de fai moito tempo porque a idea estándar durante o último século foi que as especies de aves que conviven xuntas terían que evolucionar hacia cánticos diferentes para evitar confusións.
As razones son difíciles de explicar e requiren máis estudios, pero poden ter algo que ver coas vantaxas de utilizar a  mesma «linguaxe» en términos de sinais agresivas ou territoriais similares. E pon como exemplo ós individuos de dúas especies estreitamente relacionadas con cancións similares que poden beneficiarse, xa que son capaces de defender territorios e evitar contiendas territoriais nocivas non só contra rivais da súa mesma especie, senón contra outras especies que conviven nos mesmos lugares e que compiten por recursos similares.
O equipo necesitou casi unha década para compilar as secuencias xenéticas e as medicións de rasgos a partir de 350 linaxes de hornero. As grabacións das cancións foron feitas en máis de vinte países por numerosos ornitólogos tropicais e o material do museo centrouse nos especímenes recollidos por centos de persoas, que se remontan ó famoso naturalista británico Alfred Russell Wallace, na década de 1860.

lunes, 23 de diciembre de 2013

OS RECORDOS PÓDENSE BORRAR
  Un equipo internacional de investigadores constatou en humanos que os recordos pódense borrar de maneira selectiva mediante a terapia electroconvulsiva (TEC), aplicada pouco despois de que os citados recordos sexan evocados.
  Esta é a principal conclusión dun traballo que publica a revista Nature Neuroscience, liderado por Marijn Kroes (Holanda).
  Nel participan, entre outros, o británico Bryan Strange, director do laboratorio de Neurociencia Clínica, no Centro de Tecnología Biomédica (Universidad Politécnica de Madrid), e Guillén Fernández, director do Donders Centre for Neuroscience, Holanda.
  O experimento realizouse en Holanda con 39 pacientes diagnosticados con depresión e ós que xa se lles aplicaba a TEC.
                    
  Os investigadores fixéronlles aprender dúas historias con contido emocional -unha dun atraco e outra dun accidente-, unha semana antes de que lles fora aplicada a terapia electroconvulsiva.
  A aprendizaxe destas historias foi a través da combinación de diapositivas e unha narración, explicou a Efe Strange.
  Chegado o momento da TEC no quirófano, os investigadores mostraron a un grupo de pacientes a primeira diapositiva, en parte oculta, dunha das historias, xusto antes de que recibiran as correntes do citado tratamento.
  O obxetivo, evocar os seus recordos sobre esa historia desagradable que aprenderan.
  Vintecatro horas despois, os investigadores preguntaron ós pacientes que recordaran ambas historias e constataron que aqueles que recibiran electroconvulsións presentaron unha pérdida de memoria ó intentar recordar a historia reactivada antes da TEC.
  "Este experimento demostra que se poden disminuir os recordos selectivamente", según Strange, e confirma que existe un proceso de reconsolidación da memoria.
  E é que históricamente a neurociencia falou de tres fases na memoria: codificación, consolidación e proceso de recordo, pero desde fai uns anos uniuse unha cuarta, a de reconsolidación.
 A primeira é o momento da aprendizaxe, a segunda é cando o aprendido se consolida e a terceira o que logramos recordar.
 A cuarta fase, a de reconsolidación, dáse cando un recordo xa consolidado é evocado -por exemplo, unha paisaxe ou un olor pódenos evocar un recordo determinado-, e é eiquí cando se abre un período de labilidade ou fraxilidade no cal a memoria pode ser modificada por un factor externo, como neste experimento.
 Este estudio, según Strange, afonda no coñecemento sobre cómo se pueden modificar os recordos no cerebro e podería axudar a pacientes, por exemplo, con trastorno de estrés postraumático.