Powered By Blogger

domingo, 16 de marzo de 2014

 PENTÁGONO FINANCIA O PRIMEIRO CAMUFLAXE QUE OCULTA OBXECTOS DO SON
   
   Con financiación do Pentágono, enxeñeiros da Universidade de Duke, fabricaron a primeira capa acústica de invisibilidade tridimensional do mundo. O novo dispositivo desvía as ondas de son para crear a impresión de que tanto o manto e o que hai debaixo non están alí.
  O dispositivo de camuflaxe acústico funciona nas tres dimensións, non importa en qué dirección ven o son, nin onde se atopa o observador, e ten potencial para futuras aplicacións, como evitar o sónar e a acústica arquitectónica. O estudio aparece en Nature Materials.

              

  Para lograr este novo truco, Steven Cummer, profesor de Enxeñería Eléctrica e Informática na Universidade de Duke e os seus colegas centráronse no desenrolo de metamateriais: a combinación de materiais naturais en patróns de repetición para lograr propiedades non naturais. 
  No caso da nova capa acústica, os materiais que manipulan o comportamento das ondas sonoras son simplemente plástico e aire. Unha vez construído, o dispositivo parécese a varias placas de plástico cun patrón de repetición de ocos que asoman a través deles apilados un por riba do outro para formar unha especie de pirámide. 
  Para dar a impresión de que non está alí, o manto debe alterar a traxectoria das ondas sónicas para que coincida co que se vería coma se se houberan reflectido nunha superficie plana. Debido a que o son non está chegando a superficie que hai debaixo, desplázase a unha distancia máis curta e a súa velocidade debe ser freada para compensar. 
  Para probar o dispositivo de camuflaxe, os investigadores cubriron unha pequena esfera coa capa e sometérona a un son metálico con ráfagas curtas de son desde varios ángulos. Usando un micrófono, analizaron cómo as ondas respondían e produxeron imaxes de cómo se movían polo aire.
  Cummer e o seu equipo compararon estas imaxes ás creadas tanto cunha superficie plana sen obstáculos e cunha esfera non oculta bloqueando o seu camiño. Os resultados mostran claramente que o dispositivo de camuflaxe fai que pareza coma se as ondas sonoras fosen reflectidas por unha superficie vacía.
Este experto cree que a técnica ten varias aplicacións comerciais potenciais, como o deseño de auditorios con control ou corrección acústico. 


A WEB ESTÁ DE CUMPLEANOS: 25 ANOS

   A idea que deu orixe á web cumple 25 anos. 
               
  En Marzo de 1989, Tim Bemers-Lee, un científico que traballaba no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), presentou unha proposta para desenrolar unha nova forma de vinculación e intercambio de información a través de Internet. O documento foi titulado "Xestión da Información: unha proposta", e , con el, naceu a web. 

 Tras este primeiro documento, Bemers-Lee traballou para facelo realidade. Ao ano seguinte usou un NeXTcube como o primeiro servidor web do mundo e tamén escribiu o primeiro navegador web, WorldWideWeb (www) en 1991. No Nadal dese mesmo ano xa creara tódalas ferramentas necesarias para que unha web funcionase: o primeiro navegador , o primeiro servidor web e as primeiras páxinas web que ao mesmo tempo describían o proxecto.
  O gran avance deste científico foi unir hipertexto e Internet. World Wide Web tiña algunhas diferencias dos outros sistemas de hipertexto que estaban dispoñibles naquel momento: só requería enlaces unidireccionais en vez dos bidireccionais, o que facía posible que unha persoa enlazara a outro recurso sen necesidade de ningunha acción do propietario dese recurso, e que, a diferencia dos seus predecesores -como HyperCard-era non-propietario facendo posible desenrolar servidores e clientes de maneira independente e engadir extensións sen restriccións de licencia. 

 Cos anos, Bemers-Lee uniuse ao seu colega belga Robert Cailliau e ambos traballaron neste sistema. Finalmente, no 1993, o CERN puxo o software World Wide Web no dominio público e fixo a seguinte versión dispoñible cunha licencia aberta, como unha forma máis segura para maximizar a súa difusión.
  O feito de que o CERN decidira facer gratuito o uso da web contribuiu sen dúbida, aínda que xunto con outros factores, á súa enorme popularización, de tal forma que hoxe en día a web é para moitos sinónimo de Internet, aínda cando en realidade Internet é moito máis ca iso.
  Internet é a rede mundial de ordenadores que usan un protocolo común para comunicarse chamado TCP/IP e sobre ela funcionan multitude de servicios como por exemplo o correo electrónico, sen dúbida algunha a primeira aplicación estrela de Internet. 
  Internet deulle á humanidade unha ferramenta para comunicarse libremente, unha das ferramentas máis poderosas que xamais recibimos, citando ao mesmo Berners-Lee: "A web é a humanidade conectada pola tecnoloxía".



miércoles, 12 de marzo de 2014

O SOÑO DA FUSIÓN NUCLEAR

   Un equipo do Lawrence Livermore National Laboratory acaba de conseguir, por primeira vez, que un reactor de fusión nuclear produza máis enerxía da que consume. Un gran paso cara o obxetivo de poder usar no futuro unha fonte enerxética inagotable e limpa. O logro publicouse na revista Nature.

                         
  
  O maior problema co que se enfrentaron ata agora os reactores de fusión nuclear foi o de xerar unha cantidade de enerxía igual ou superior á que se precisa para por en marcha o proceso de fusión. De feito, ás altísimas temperaturas ás que a fusión nuclear se produce, a materia, hidróxeno ou helio, que se usa como combustible non está en estado sólido, nen líquido, nen gaseoso, senón nun "cuarto estado" chamado plasma. E dado que non existe no mundo un material capaz de conter plasma, os " contenedores" do combustible non poden ser físicos, senón magnéticos ou, máis recentemente, xerados por láser. O problema, coñecido como de " confinamento do plasma" precisa dunha gran cantidade de enerxía para funcionar. De feito, máis enerxía da que o reactor é capaz de producir.
              
   Por eso, o "Santo Grial" da fusión nuclear foi , e é, ser capaces de conseguir un balance enerxético positivo que permita o seu uso industrial. Un paso clave neste camiño é lograr "ganancias de combustible" maiores que a unidade, onde a enerxía xerada a través da fusión supere á cantidade de enerxía invertida para o funcionamento do reactor. 
   A pesar de que a ignición do plasma segue sendo o obxetivo final, aínda por resolver, o hito de obter ganancias de combustible foi logrado por primeira vez nun reactor de fusión operado por científicos do Lawrence Livermore National Laboratory. No seu artigo de Nature, os investigadores detallan unha serie de experimentos no reactor NIF (National Ignition Facility) nos que conseguiron un rendemento enerxético que é unha orde de magnitude superior a calquera dos levados a cabo ata o momento en todo o mundo.

                                     
  
   O que conseguiron os investigadores é unha especie de "rebote" de partículas alfa (núcleos de helio producidos pola fusión no reactor de núcleos de deuterio e tritio). Ao facelo, contribúen ao quentamento do combustible, incrementando o número de reaccións nucleares (de fusión) , o cal á súa vez produce máis partículas alfa. Este proceso de retroalimentación é o mecanismo que permite a ignición do reactor.


domingo, 9 de marzo de 2014

A BÓVEDA DA FIN DO MUNDO

   Ben podería ser o escondite do maior tesouro imaxinado en calquera relato épico ou de ficción. Pero a Svalbard  Global Seed Vault dista moito de ser unha mera ficción. É real, tan real como para almacenar nada menos que o que podería ser a salvación da raza humana nun futuro non moi lonxano. 

                 
   
   A só 1.000 kilómetros do Polo Norte, no xeado e inhóspito arquipélago de Svalbard, pertencente a Noruega, atópase a Bóveda Global de Semillas de Svalbard encargada de almacear sementes de todas as variedades de cultivos que hoxe garanten a alimentación no planeta. A construcción financiada polo goberno de Noruega xamais houbera sido posible sen o apoio da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). 
   Na actualidade , alberga 820.000 variedades de sementes que proveñen de 231 países. As últimas 20.000 foron incorporadas esta semana, no sexto aniversario da instalación, facilitadas por 6 estados ou bancos de xens que gardan especies vexetais para protexelas da extinción. Australia, Brasil e Xapón foron os últimos en incorporarse. Brasil entregou a súa famosa faba negra, e o país nipón, preocupado pola seguridade dos seus cultivos despois do terremoto e tsunami de 2.011, cebada. Non existe unha aportación de bancos de xens españois, pero sí hai 4.701 mostras de sementes dos nosos campos. 

                        
   
   O silo, mantido polo goberno noruego e o Global Crop Diversity Trust, un grupo que recibe financiación de varios países, entre eles España, según pode consultarse na súa web, e de diferentes entidades privadas, como a Fundación Bill & Melinda Gates ou a Rockefeller, conserva o seu tesouro natural a menos de 18 grados en paquetes precintados que a súa vez se colocan en caixas de aluminio. A baixa temperatura e o limitado acceso ao osíxeno aseguran que os grans manteñan unha actividade metabólica baixa e retrasa o seu envellecemento. Se se producise un corte da corriente eléctrica, o permafrost, a capa de xeo permanente sobre o chan do exterior, aseguraría a súa viabilidade. Desta forma, según a organización, a conservación das sementes está garantida incluso durante séculos. 
   A cámara está preparada para soportar todo tipo de catástrofes, como terremotos, explosións nucleares ou erupcións volcánicas. En conxunto, é o suficientemente grande como para gardar ata 4,5 millón de mostras. Cada unha delas contén unha media de 500 sementes individuais, así que esta instalación podería almacear no futuro máis de 2.000 millóns de grans. 

  
   Hai que salientar que a propiedade do material permanece no banco de xens ou o país que o depositou. Está regulado por un documento legal entre os donos lexítimos e Noruega. Ninguén máis pode sacar as sementes. 



miércoles, 5 de marzo de 2014

O TEU OLOR DELÁTATE

   Investigadores españois deseñaron unha técnica que permite identificar a unha persoa polo seu olor. Aínda que non ten a fiabilidade doutros sistemas biométricos, como a pegada dactilar, iguala en eficacia ao recoñecemento facial. Este mesmo equipo científico estudia os nosos aromas para detectar a presencia dun cancro.
  Os cans policías levan décadas demostrando na práctica que cada ser humano ten o seu propio e diferente olor. E a ciencia leva anos estudiando cómo imitar aos cans. A tarea non é fácil, porque no aroma dos humanos interveñen moitos factores e poden variar ao longo do tempo. 
  Nembargantes, parece haber coincidencia entre os científicos en que o olor humano está formado en realidade por tres olores. O primeiro e principal sería constante e podería ter unha orixe xenética. Outro secundario, relativamente estable, é o resultado dun conxunto de factores entre os que destacan a dieta e os estados emocionais. Por último, o terciario, é o olor social, o creado polos perfumes, xabóns e cosméticos.

  
  Agora, os investigadores do grupo de investigación de Biometría, Biosinais e Seguridade (GB2S), da Universidade Politécnica de Madrid deseñaron unha técnica para capturar este olor, analizalo e buscalos patróns que permitirían identificar a unha persoa. 
  As portadoras de toda esa información olorosa son as células da pel. E temos unhas cantas, uns 2.000 millóns e perdemos 667 por segundo. Estas células portan boa parte das nosas secrecións corporais e moitas bacterias que se alimentan delas, este é o cóctel que define o aroma de cada humano.
  Os investigadores do GB2S usaron un sensor desenrolado pola empresa Ilía Sistemas para capturar o olor das células presentes na suor da man. Mediante un fluxo de aire, o dispositivo recolle os volátiles da suor por medio dun colector de vapores e fainos pasar por un ionizador. Nunha última fase, un espectómetro de masas captura os ións das distintas moléculas e analízaos. Buscaban así detectar constantes que permitiran diferenciar o olor dunha persoa de o de outra. 
  Para as súas probas, contaron coa participación de 13 persoas ás que tomaron mostras durante 28 sesións, detectaron así uns patróns que se repetían.
  Pero aínda lles falta para poder competir con sistemas como a pegada dactilar ou o recoñecemento do iris, que apenas ten marxe de error, pero xa iguala a outras técnicas como o recoñecemento facial. 

                         
  
  
  Con esta mesma base. o GB2S está analizando as posibilidades do olor como ferramenta de diagnóstico. Buscan marcadores de cáncer de colon analizando o alento ou de volátiles no sangue para detectar a leucemia. En ambos casos, o olor pode convertirse nun elemento de detección precoz.