Powered By Blogger

miércoles, 12 de marzo de 2014

O SOÑO DA FUSIÓN NUCLEAR

   Un equipo do Lawrence Livermore National Laboratory acaba de conseguir, por primeira vez, que un reactor de fusión nuclear produza máis enerxía da que consume. Un gran paso cara o obxetivo de poder usar no futuro unha fonte enerxética inagotable e limpa. O logro publicouse na revista Nature.

                         
  
  O maior problema co que se enfrentaron ata agora os reactores de fusión nuclear foi o de xerar unha cantidade de enerxía igual ou superior á que se precisa para por en marcha o proceso de fusión. De feito, ás altísimas temperaturas ás que a fusión nuclear se produce, a materia, hidróxeno ou helio, que se usa como combustible non está en estado sólido, nen líquido, nen gaseoso, senón nun "cuarto estado" chamado plasma. E dado que non existe no mundo un material capaz de conter plasma, os " contenedores" do combustible non poden ser físicos, senón magnéticos ou, máis recentemente, xerados por láser. O problema, coñecido como de " confinamento do plasma" precisa dunha gran cantidade de enerxía para funcionar. De feito, máis enerxía da que o reactor é capaz de producir.
              
   Por eso, o "Santo Grial" da fusión nuclear foi , e é, ser capaces de conseguir un balance enerxético positivo que permita o seu uso industrial. Un paso clave neste camiño é lograr "ganancias de combustible" maiores que a unidade, onde a enerxía xerada a través da fusión supere á cantidade de enerxía invertida para o funcionamento do reactor. 
   A pesar de que a ignición do plasma segue sendo o obxetivo final, aínda por resolver, o hito de obter ganancias de combustible foi logrado por primeira vez nun reactor de fusión operado por científicos do Lawrence Livermore National Laboratory. No seu artigo de Nature, os investigadores detallan unha serie de experimentos no reactor NIF (National Ignition Facility) nos que conseguiron un rendemento enerxético que é unha orde de magnitude superior a calquera dos levados a cabo ata o momento en todo o mundo.

                                     
  
   O que conseguiron os investigadores é unha especie de "rebote" de partículas alfa (núcleos de helio producidos pola fusión no reactor de núcleos de deuterio e tritio). Ao facelo, contribúen ao quentamento do combustible, incrementando o número de reaccións nucleares (de fusión) , o cal á súa vez produce máis partículas alfa. Este proceso de retroalimentación é o mecanismo que permite a ignición do reactor.


domingo, 9 de marzo de 2014

A BÓVEDA DA FIN DO MUNDO

   Ben podería ser o escondite do maior tesouro imaxinado en calquera relato épico ou de ficción. Pero a Svalbard  Global Seed Vault dista moito de ser unha mera ficción. É real, tan real como para almacenar nada menos que o que podería ser a salvación da raza humana nun futuro non moi lonxano. 

                 
   
   A só 1.000 kilómetros do Polo Norte, no xeado e inhóspito arquipélago de Svalbard, pertencente a Noruega, atópase a Bóveda Global de Semillas de Svalbard encargada de almacear sementes de todas as variedades de cultivos que hoxe garanten a alimentación no planeta. A construcción financiada polo goberno de Noruega xamais houbera sido posible sen o apoio da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). 
   Na actualidade , alberga 820.000 variedades de sementes que proveñen de 231 países. As últimas 20.000 foron incorporadas esta semana, no sexto aniversario da instalación, facilitadas por 6 estados ou bancos de xens que gardan especies vexetais para protexelas da extinción. Australia, Brasil e Xapón foron os últimos en incorporarse. Brasil entregou a súa famosa faba negra, e o país nipón, preocupado pola seguridade dos seus cultivos despois do terremoto e tsunami de 2.011, cebada. Non existe unha aportación de bancos de xens españois, pero sí hai 4.701 mostras de sementes dos nosos campos. 

                        
   
   O silo, mantido polo goberno noruego e o Global Crop Diversity Trust, un grupo que recibe financiación de varios países, entre eles España, según pode consultarse na súa web, e de diferentes entidades privadas, como a Fundación Bill & Melinda Gates ou a Rockefeller, conserva o seu tesouro natural a menos de 18 grados en paquetes precintados que a súa vez se colocan en caixas de aluminio. A baixa temperatura e o limitado acceso ao osíxeno aseguran que os grans manteñan unha actividade metabólica baixa e retrasa o seu envellecemento. Se se producise un corte da corriente eléctrica, o permafrost, a capa de xeo permanente sobre o chan do exterior, aseguraría a súa viabilidade. Desta forma, según a organización, a conservación das sementes está garantida incluso durante séculos. 
   A cámara está preparada para soportar todo tipo de catástrofes, como terremotos, explosións nucleares ou erupcións volcánicas. En conxunto, é o suficientemente grande como para gardar ata 4,5 millón de mostras. Cada unha delas contén unha media de 500 sementes individuais, así que esta instalación podería almacear no futuro máis de 2.000 millóns de grans. 

  
   Hai que salientar que a propiedade do material permanece no banco de xens ou o país que o depositou. Está regulado por un documento legal entre os donos lexítimos e Noruega. Ninguén máis pode sacar as sementes. 



miércoles, 5 de marzo de 2014

O TEU OLOR DELÁTATE

   Investigadores españois deseñaron unha técnica que permite identificar a unha persoa polo seu olor. Aínda que non ten a fiabilidade doutros sistemas biométricos, como a pegada dactilar, iguala en eficacia ao recoñecemento facial. Este mesmo equipo científico estudia os nosos aromas para detectar a presencia dun cancro.
  Os cans policías levan décadas demostrando na práctica que cada ser humano ten o seu propio e diferente olor. E a ciencia leva anos estudiando cómo imitar aos cans. A tarea non é fácil, porque no aroma dos humanos interveñen moitos factores e poden variar ao longo do tempo. 
  Nembargantes, parece haber coincidencia entre os científicos en que o olor humano está formado en realidade por tres olores. O primeiro e principal sería constante e podería ter unha orixe xenética. Outro secundario, relativamente estable, é o resultado dun conxunto de factores entre os que destacan a dieta e os estados emocionais. Por último, o terciario, é o olor social, o creado polos perfumes, xabóns e cosméticos.

  
  Agora, os investigadores do grupo de investigación de Biometría, Biosinais e Seguridade (GB2S), da Universidade Politécnica de Madrid deseñaron unha técnica para capturar este olor, analizalo e buscalos patróns que permitirían identificar a unha persoa. 
  As portadoras de toda esa información olorosa son as células da pel. E temos unhas cantas, uns 2.000 millóns e perdemos 667 por segundo. Estas células portan boa parte das nosas secrecións corporais e moitas bacterias que se alimentan delas, este é o cóctel que define o aroma de cada humano.
  Os investigadores do GB2S usaron un sensor desenrolado pola empresa Ilía Sistemas para capturar o olor das células presentes na suor da man. Mediante un fluxo de aire, o dispositivo recolle os volátiles da suor por medio dun colector de vapores e fainos pasar por un ionizador. Nunha última fase, un espectómetro de masas captura os ións das distintas moléculas e analízaos. Buscaban así detectar constantes que permitiran diferenciar o olor dunha persoa de o de outra. 
  Para as súas probas, contaron coa participación de 13 persoas ás que tomaron mostras durante 28 sesións, detectaron así uns patróns que se repetían.
  Pero aínda lles falta para poder competir con sistemas como a pegada dactilar ou o recoñecemento do iris, que apenas ten marxe de error, pero xa iguala a outras técnicas como o recoñecemento facial. 

                         
  
  
  Con esta mesma base. o GB2S está analizando as posibilidades do olor como ferramenta de diagnóstico. Buscan marcadores de cáncer de colon analizando o alento ou de volátiles no sangue para detectar a leucemia. En ambos casos, o olor pode convertirse nun elemento de detección precoz. 


miércoles, 19 de febrero de 2014

A INTELIXENCIA, ESTÁ NOS XENES ???

   Investigadores do Instituto de Psiquiatría do King´s College de Londres identificaron por primeira vez un xene que aparece intimamente ligado á intelixencia. 
                                      


 Trátase do xene NPTN, que afecta indirectamente á comunicación entre as células cerebrais a través da codificación dunha proteína que actúa no proceso e que tamén pode controlar a formación da corteza cerebral, a capa máis externa do cerebro humano, coñecida como "materia gris" e cuxo espesor está relacionado coa capacidade intelectual. 

  
  


  O estudio, que analizou mostras de ADN, resonancias magnéticas e test de intelixencia de 1.583 mozos sans de 14 anos, mostrou que os adolescentes cuxo xene NPTN amosaba un alto rendemento tiveron un mellor desempeño nas probas de intelixencia. 
  É importante sinalar que a intelixencia vese influenciada por moitos factores xenéticos e ambientais, nembargantes o xene identificado explica unha pequena proporción das diferencias na capacidade intelectual. 
  En promedio, as probas do estudio reflectiron que os adolescentes cunha variante xenética particular, que afecta negativamente á expresión do xene NPTN e a súa actividade sobre a comunicación neuronal, tiñan unha corteza máis delgada no hemisferio cerebral esquerdo, sobre todo nos lóbulos frontais e temporais, e peores resultado nas probas de capacidade intelectual. 
    Buscaban saber cómo as diferencias estructurais no cerebro se relacionan con diferencias na capacidade intelectual, nembargantes, e por agora, a variación xenética identificada neste estudio só representa o 0,5 % da variación total da intelixencia. 


domingo, 16 de febrero de 2014

A ESTRELA MÁIS ANTIGA DO UNIVERSO

   Un equipo de astrónomos da Universidade Nacional de Australia descubriu a estrela máis antiga do universo ata a data. Según informa a web da Universidade, o astro formouse pouco despois do Big Bang, fai 13,7 millóns de anos. O descubrimento publicado no último número da revista Nature, permitiu aos astrónomos estudiar por primeira vez a química das estrelas, o que deu aos científicos unha idea máis clara de cómo era o universo na súa orixe. 

                        
                  
 O descubrimento, cambiaría a última fronteira alcanzada por investigadores da Universidade Complutense de Madrid, que sosteñen que casi todas as galaxias formaron as súas estrelas fai uns 8.000 millóns de anos. 
  A estrela 031300.36-670839.3, atópase na Vía Láctea a uns 6.000 quilómetros anos luz da Terra.
  Ata agora, pensábase que as estrelas primitivas morreron en explosións extremadamente violentas que contaminaron gran parte do espacio con ferro. Nembargantes, este descubrimento demostra signos de que esta contaminación prodúxose a través de elementos máis lixeiros coma o carbono e o magnesio e non mediante ferro.
  A composición da nova estrela mostra que se formou a raíz dunha estrela primoxénita que tiña 60 veces a masa do sol. Para que unha estrela como o noso sol se formase, foron necesarios o hidróxeno e o helio liberados no Big Bang, aos que se lles engadiu unha gran cantidade de ferro. 
  Nembargantes, para facer esta estrela primitiva, sería preciso un asteroide de ferro do tamaño de Australia e toneladas de carbono. 
  Esta revelación podería ter un gran calado xa que podería resolver unha discrepancia moi prolongada no tempo entre os datos obtidos pola observación e a predicción para aclarar a orixe do Universo, o Big Bang. 
  A estrela máis antiga ata a data descubriuse utilizando o telescopio SkyMapper, de 1,35 metros de diámetro, no Observatorio de Siding Spring, ao sureste do país, onde se está desenvolvendo un proxeto de investigación de cinco anos de duración, que en tan só un fotografiou máis de 60 millóns de estrelas, para crear o primeiro mapa dixital do ceo no sur. 
  Este descubrimento foi confirmado utilizando o telescopio Magallanes, en Chile, de 8,4 metros de diámetro.