Powered By Blogger

martes, 7 de enero de 2014

¿CÁNTO VIVIRÁ O UNIVERSO?
  Desde o descubrimento do bosón de Higgs, un dos aspectos máis discutidos foi o feito de que o valor observado da súa masa (uns 126 gigaelectronvoltios, ou GeV) parece implicar que as leis coñecidas da física non serían eternas. Os físicos refírense a este fenómeno dicindo que «o vacío do modelo estándar non é completamente estable».

 Que o vacío non sexa estable quere dicir que, antes ou despois, chegará un momento en que as leis da física cambiarán. A materia e a enerxía que coñecemos disgregaranse e, a todos os efectos, poderíamos falar da morte deste universo e do nacemento doutro novo. Según estas análises, para que o universo fose 100% estable, o bosón de Higgs tería que pesar algo máis do que pesa. En concreto, a súa masa debería ser maior de 130 o 135 GeV.

Estabilidad cósmica: El tiempo de vida medio del universo podría depender del valor que tomen algunos parámetros fundamentales. En función de la masa del quark top (eje de ordenadas) y de la masa del bosón de Higgs (abscisas), el universo podría ser inestable (rojo), estable (verde) o metaestable (inestable, pero con un tiempo de vida medio mucho mayor que la edad del universo,amarillo). Los valores medidos en el laboratorio (círculos grisies) parecen indicar que el universo sería metaestable. Un nuevo estudio, sin embargo, sugiere reconsiderar este diagrama de fases. [Gráfica: Degrassi et al., arXiv:1205.6497]

  Esa conclusión básase nunha hipótese que a maioría dos físicos considera pouco realista: a saber, que o modelo estándar funcionará á perfección ata a escala de Planck (unos 1019 GeV, que é a escala á que terían que incluirse os efectos cuánticos da gravidade). Pero, se se parte de dita hipótese, unha pregunta moi natural é canto tempo tardará o universo en «desintegrarse». Noutras palabras, ¿cal será o seu tempo de vida medio? Ata agora, diversos cálculos arroxaban unha vida media moitísimo maior que a idade do universo (13.800 millóns de anos), un resultado non só compatible cas observacións, senon tamén tranquilizador.
 Nun artículo publicado a semana pasada en Physical Review Letters, os físicos da Universidade de Catania e do INFN italiano Vicenzo Branchina e Emanuele Messina puntualizan que, o contrario do que se viña supoñendo ata agora, nada garantiza que o universo vaia a vivir tanto tempo. Antes ben, o seu tempo de vida medio podería ser moi sensible ós novos efectos físicos que aparezan a escala de Planck.
Para chegar a esa conclusión, Branchina e Messina estudian unha serie de modificacións bastante xenéricas no potencial de Higgs; é dicir, consideran cambios na maneira en que o campo de Higgs interacciona consigo mesmo a altas enerxías. Aínda que inobservables a baixa enerxía, tales efectos faríanse patentes á escala de Planck. Os autores postulan modificacións de varias clases. Nalgúns casos, o tempo de vida medio do universo continuaría sendo moitísimo maior que a idade actual do cosmos. Pero, noutros, a estabilidade das leis físicas non estaría garantida máis alá de unha ridícula fracción de segundo.
A análise dos investigadores non pretende ser predictiva, xa que ninguén coñece qué efectos físicos aparecerán á escala de Planck. Nembargantes, sí entraña unha cuestión de principio: que a estabilidade do universo ben podería depender da física máis alá do modelo estándar. De ser correcto, dito resultado debería poder xeneralizarse a outros efectos físicos e a outras escalas de enerxía. Os autores reservaron unha análise máis minuciosa dos diferentes casos para unha futura publicación.

sábado, 4 de enero de 2014

O SEGREDO DA ADICCIÓN A NICOTINA

   O tabaco é a principal causa de morte prevenible no mundo, nembargantes, moitas persoas desexosas de deixar de fumar son incapaces. A nicotina parece ser a principal responsable destes fracasos, debido especialmente ós seus potentes mecanismos de adicción. Pero agora, gracias a un traballo que se publica en "The Journal of General Physiology" poderíamos saber máis sobre estos mecanismos adictivos da nicotina como para poder deseñar tratamentos máis eficaces para terminar co hábito de fumar. 
  Sábese que a nicotina, o ingrediente activo do tabaco, activa os receptores coñecidos como nAChR e , a diferencia da maioría doutras drogas de abuso, a nicotina actúa como unha "chaperona farmacolóxica" que estabiliza o ensamblaxe destes receptores dentro do retículo endoplasmático (ER) e aumenta así a súa presencia na superficie da célula producindo unha sobre-regulación. E sábese que dita sobre-regulación de nAChR desempeña un papel importante na adicción á nicotina e, posiblemente, na disminución da susceptibilidade dos fumadores á enfermidade de Parkinson. 
  Os autores deste traballo, do Instituto de Tecnoloxía de California de Pasadena (EEUU). traballaron con ratóns que expresan unha subunidade do receptor a6, que se sabe que é abundante en varias rexións específicas do cerebro, e que previamente foran marcados cunha proteína fluorescente. O obxetivo era mostrar que a exposición á nicotina -nun nivel comparable ó dos fumadores humanos- sobreregulaba a6 nAChR nestas áreas do cerebro. 
  Pero os investigadores descubriron de forma inesperada que a capacidade da nicotina para sobre-regular a6 nAChR basábase nun complexo mecanismo celular que pode ser manipulado co fin de deseñar novas estratexias para deixar de fumar, pero tamén tratamentos neuroprotectores para enfermidades como o párkinson. 

                      
  
Os efectos psicofarmacolóxicos da nicotina están na base da xeración da adicción. A nicotina é o principal compoñente psicoactivo do tabaco que xoga un papel importante no desenrolo da dependencia. Tras o cese do consumo de nicotina aparece un síndrome de abstinencia, mostrando un conxunto de síntomas tales como irritabilidade, temblores, bradicardia e ansiedade elevada. 
  Na actualidade, o tratamento máis utilizado para deixar de fumar é a terapia de remplazo de nicotina que atenúa parcialmente os síntomas de abstinencia e as ansias de nicotina. 
                                           
MEMORIA FOTOGRÁFICA
  Na actualidade, durante a visita a un museo ou a un monumento, resulta habitual encontrar nativos e foráneos coa cámara dixital ou o teléfono intelixente na man para apuntar e disparar sobre algunha peza de arte ou obxeto histórico. A memoria do dispositivo retén a imaxe. Máis ¿permanecen os elementos retratados tamén na memoria do visitante?
 Aínda que fotografiar parece unha boa maneira de preservar o momento no recordo, durante unha visita ó museo pode ser máis aconsellable deixar a fotografía para máis tarde, según unha recente investigación. «A miúdo a xente saca a súa cámara, case sen pensar, para capturar un momento, ata o punto de que estanse perdendo canto sucede xusto frente a eles», indica Linda Henkel, da Universidade de Fairfield e autora do estudio.
 Co  fin de averiguar o grado en que a captura fotográfica de eventos influe na súa recordación posterior, Henkel levou a un grupo de universitarios de visita a un museo. Pediu a uns cantos deles que utilizaran a cámara para tomar nota dos obxetos que vían; outros tan só debían contemplar as pezas expostas. Ó día seguinte púxose a proba a memoria dos voluntarios. 
 Según se descubriu, os participantes que retrataran as obras de arte coa cámara eran menos precisos no recoñecemento das pezas que viran en comparación con aqueles que «só» as observaran. Por outra parte, os primeiros non foron capaces de responder a tantas preguntas acerca dos detalles visuais dos obxetos. En palabras de Henkel, trátase dun «efecto de deterioro pola toma de fotografías». Según explica: «Cando las persoas confían na tecnoloxía para que recorde por eles, contando con que a cámara grabará o evento e así non deben reparar nel plenamente, pode exercer un impacto negativo no recordo da experiencia».
 Nun segundo ensaio, aparte de confirmarse os primeiros resultados, atopouse que o uso do zoom da cámara para fotografiar os detalles dun obxeto, pode preservar na memoria a peza no seu conxunto, non a particularidade retratada. «Estos resultados demostran que o "ollo da mente" e o ollo da cámara non son o mesmo».
 Con todo, a maioría dos visitantes de museos probablemente argumenten que toman imaxes para miralas  con tranquilidade máis tarde. Agora ben, ¿axuda á recordación o feito de revisar as fotografías que se tomaron? O recente estudio suxire que así é, pero só se a persoa tomou no seu momento o tempo necesario para fixarse no obxeto. 


jueves, 2 de enero de 2014

¿ CÓMO NACEN AS ESTRELAS ?

  As estrelas nacen por azar. Xúntanse fragmentos de materia das nubes frías de gas e polvo que flotan no espacio, as chamadas nebulosas. Estas partículas vanse agregando por atracción gravitatoria ata formar unha gran masa. 
  Este conglomerado, por efecto da gravidade, contráese sobre si mesmo e como consecuencia aumenta no seu centro, a densidade, presión e calor. Desta forma, os átomos móvense cada vez máis rápido e chocan uns con outros. Nesas condicións, pronto se inician reaccións de fusión nuclear. Cando comenzan naceu a estrela. 

  As agrupacións de masa que non logran iniciar as reaccións nucleares, é dicir, as estrelas frustradas, denomínanse enanas marróns. 
  As reaccións nucleares liberan presión do centro da estrela, contrarrestan o efecto da gravidade, o que evita que a estrela colapse sobre si mesma.
  A estrela vivirá gracias a ese tenso equilibrio entre gravidade e reaccións nucleares. Morrerá cando a gravidade gañe a batalla, algo que sucederá sen excepción. 
  As estrelas evolucionan a medida que van agotando a súa masa, que é o combustible das reaccións nucleares. Canta máis masa ten unha estrela, máis combustible ten para alimentar o seu "motor" e brilla máis, pero vive menos tempo. 

  Cando se agota o combustible do seu centro, a estrela volve a contraerse e aumenta de novo a súa temperatura, o que favorece a aparición de novas reaccións nucleares. Esta vez prodúcense na seguinte capa de masa arredor da central, que xa está gastada e contraéndose. Esta capa circundante expándese e así a estrela faise máis grande. 
  O aumento de volumen é o responsable do cambio de cor das estrelas. Canto máis grande, máis se enfrían as capas externas e emiten luz visible nunha cor determinada. As estrelas máis frías son roxas (cuns 2.800ªC), as amarelas rondan os 5.500ºC, as máis quentes son azuis (aproximadamente 20.000ºC) e as verdosas (100.000ºC).
  A maioría das estrelas morren como enanas brancas, excepto as estrelas supermasivas, que son de cor azul. Elas teñen un final apoteósico. O seu final consiste nunha explosión de brillo excecional chamada supernova. Desprenden nuns poucos segundos tanta enerxía como a que emitiu e emitirá o noso Sol en toda a súa existencia. 


"SUPERBACTERIAS", UNHA AMEAZA PARA A SAÚDE

   Os antibióticos non matan virus e aínda que unha enquisa que acaba de difundir a Comisión Europea afirma que cada vez máis persoas interiorizan esta mensaxe, a realidade é que a resistencia a este tipo de fármacos continúa sendo unha das maiores ameazas que planea sobre a saúde mundial. O culpable, precisamente, é o uso innecesario e inadecuado destes fármacos. 
  Facendo un cultivo podería determinarse se se trata dunha infección vírica (onde un antibiótico non funciona) ou bacteriana ( que si precisa terapia antibiótica).
  Nos procesos víricos un antibiótico non só non é eficaz ( nin reduce o tempo nin a gravidade da infección) senón que causa un gran efecto na flora bacteriana que todos temos e necesitamos para o bo funcionamento do sistema inmunitario. 
  O uso innecesario destes fármacos fai que as bacterias desenrolen cada vez maior resistencia ós fármacos ata o punto de converterse nunha especie de "superbacterias" imbatibles. 
  En Europa as "superbacterias" xeneran unhas 25.000 mortes ó ano e uns costes sanitarios adicionais de 1.500 millóns de euros. Ademáis, estos microorganismos son as causantes dunhas 400.000 infeccións anuais. 

  
.As infeccións que producen son fundamentalmente respiratorias, xa que están máis asociadas ós pacientes que precisan de coidados intensivos. Tamén se atopan en infeccións urinarias e intraabdominais (persoas que sufriron cirurxías). Así como as que invaden o sangue, chamadas bacteriemias. 
 As superbacterias adquírense únicamente nos hospitais polo contacto entre os pacientes, ou entre estos e os membros do equipo sanitario ou os utensilios. Os máis propensos son aqueles que previamente xa recibiron un tratamento con antibióticos ou que teñen o sistema inmune debilitado porque están en terapias inmunosupresoras.

  
  Aínda que se conseguiu aumentar a conciencia pública ó respecto, aínda non é suficiente e así o demostran os últimos datos revelados polo ECDC (Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades):   Observouse un marcado aumento das infeccións resistentes á ultima xeración de antibióticos, os carbapenemas. As máis ferreas son as producidas por bacterias Gram negativas (Enterobacterias-Klebsiella pneumoniae e E. Coli-, Pseudomonas e Acinobacter), que tamén son as máis frecuentes. 
  Conscientes da gravidade do problema, tanto a Organización Mundial da Saúde como os países máis sacudidos por este problema global puxeron en marcha nos últimos anos importantes campañas de divulgación e concienciación co obxetivo de reducir o abuso dos antibióticos.